Ir ao contido

Citas no teu CRC, tamén ás once da noite

Citas en liña para o teu centro de recoñecemento: piden hora sen chamar

O teu paciente entra na web do teu centro, escolle hora e listo. Sen app e sen rexistrarse. Ti velo na túa axenda de Farola CRC.

Farola CRC dálle ao teu centro de recoñecemento de condutores unha páxina de citas en liña onde os teus pacientes escollen hora a calquera hora, sen chamar, e ti ves cada cita no teu panel, xunto ao programa que xa usas.

Así pide hora un paciente

  1. Chega á túa páxina de citas

    Desde a túa web, desde o aviso de renovación ou desde unha ligazón que ti compartes.

  2. Escolle día e hora

    Ve só as horas que ti abres. Sen app e sen rexistrarse.

  3. Chégalle a confirmación

    Recibe un correo coa súa cita e unha ligazón para cambiala ou anulala. Ti vela no teu panel.

Unha axenda en liña que traballa cando ti non

Cada «tedes hora mañá?» que se resolve na web é unha chamada menos no mostrador.

Así se ve a túa páxina de citas

Menos teléfono, máis tempo para atender

Cada cita que entra soa é unha chamada menos no medio dun recoñecemento e un paciente que non perdes porque o teléfono comunicaba.

O teu paciente abre a túa páxina de citas cando quere, tamén de noite, e só ve as horas que ti abres. Deixa o seu nome, o seu móbil e o seu correo, sen rexistrarse, e chégalle a confirmación por correo cunha ligazón para cambiala ou anulala. Ti ves a cita na túa axenda de Farola CRC, marcada como en liña. Se queres, lémbraselle o día antes por correo.

O teu programa segue igual

O teu programa segue con

  • Os recoñecementos e os trámites con Tráfico
  • As túas fichas de pacientes

Farola CRC encárgase de

  • A túa páxina de citas
  • Confirmar a cita por correo
  • Lembrarlla o día antes por correo, se ti queres

As citas en liña van á túa axenda de Farola CRC. Non pasan soas á axenda do teu programa: na demo vemos como organizalo no teu centro.

Preguntas frecuentes

As citas en liña pasan á axenda do meu programa?

Non pasan soas. Van á túa axenda de Farola CRC, que funciona á parte do teu programa. Na demo vemos como organizalo no teu centro.

O paciente necesita unha app ou rexistrarse?

Non. Escolle hora na web do teu centro e listo.

Podo pechar días ou horas?

Si. Pechas un día enteiro ou unhas horas, e esas horas non se ofrecen.

Como sabe o paciente que ten cita?

Chégalle un correo de confirmación, cunha ligazón para cambiala ou anulala. Se queres, tamén un lembrete por correo o día antes.

Quen pon o prezo que ve o paciente?

O teu centro. Farola CRC non calcula prezos nin taxas: mostra os que ti pos, se queres mostralos.

Teño que deixar o meu programa?

Non. Funciona ao lado de ASDE GIC e-win, STORM ou o que uses.

Que che pidan hora sen chamarte

Ensinámosche como quedaría a páxina de citas do teu centro. Non te compromete a nada.